Pazo de Donramiro / Casa da Crespa
Mansión fidalga de orixe neoclásica, construída e logo reformada sucesivamente por Xose Crespo "Pai" e Antonio Crespo Pampín "Fillo", o primeiro político lalinense que foi Alcalde de Lalín (1866), cando Donramiro era a capital municipal e a actual vila... un punto intermedio entre zonas en desenvolvemento (Donramiro e Lalín de Arriba nomeadamente).
Atópase nun relativo estado de abandono, por mor do modelo da herdanza, e da falta de interese pública para o seu uso social.