Historia

É unha das 52 parroquias do concello de Lalín, pero non é unha máis. É unha antiga fegresía, con vida e historia de seu.

A parroquia de Santa María de Donramiro limita coas de Filgueira e Lalín ó norte; ó leste coa de Lalín; coas de Catasós e Moneixas polo Sul, e polo Oeste coas de Botos e Donsión.

Na actualidade ten máis de 380 veciños e máis de 1.260 habitantes, distribuídos en nove lugares: O Regueiriño, Donramiro, Filgueiroa, O Empalme, Montserrat, Trascastro, A Penela Agruchave e Feás.

A pesar de ser “alcanzada” polo casco urbano de Lalín consegue manter boa parte da estrutura terrotorial que a define dende hai décadas.

Donramiro é unha parroquia “entreríos”, regada e delimitada en parte polo Pontiñas (antiguo Berbía) e o Portobarreiro.