Época medieval

A historia medieval de Donramiro é tamén unha historia de reis, dos reis que lle deron nome á parroquia.

Os estudosos avalan varias teorías. Unha, quizais na que menos afondaron, lévanos ata o  rei Ramiro do século VIII. Outra aposta por Ramiro I, cuxo reinado vai do 842 ó 850. Ramiro I combateu cos normandos librando unha intensísima batalla na comarca de Chantada, no lugar que dende entón leva o nome de Camporramiro. Os historiadores antigos gabaron sempre o seu espírito de xustiza, e aínda que nunca obtiveron confirmación empírica, cren que construira un pazo-fortaleza no lugar Donramiro.

O terceiro Ramiro é, en realidade, Ramiro II (931-951). Gran orador, como Ramiro I, pasou no trono dez anos despois de acadar a victoria en sonadas batallas como a toma da fortaleza madrileña Magerit, no 932, a derrota dos musulmáns en Osma, no 933, e antes de acceder á coroa outra, seguramente a máis importante, contra o califa cordobés Abderrahman III.

Por último o Ramiro III (966.984) pasou tamén ós aneis históricos polas loitas cos normandos ós cales logrou conter; na loita contra os musulmáns non tivo tanta sorte e foi derrotado por Almanzor no 981, feito que provocou unha gran revolta en Galicia.

Os reis de Donramiro foron, pois, como proban os feitos, os monarcas da súa bisbarra, á que defenderon con tesón, e os xefes soberanos que protexeron dos invasores o gran reino de Galicia.