Neolítico

Aixadas de pedra e o enterramento descuberto en 2002 no monte Zarranova, cando se realizaban as obras da autoestrada Santiago-Ourense, confirman que as orixes de Donramiro se remontan ó Neolítico, 4.000 a.C.

Un equipo de arqueólogos da Universidade de Santiago e do Instituto Padre Sarmiento desprazáranse daquela ata a zona para excavar o túmulo. Alí atoparon ó redor de 2000 pezas líticas, entre as que cómpre destacar 12 puntas de frecha de gran calidade, realizadas en sílex, e uns 400 fragmentos de cerámica.