O Castro de Donramiro

É o icono por excelencia de Donramiro. Data dos séculos VII a I a.C. O castro de Donramiro tem planta de tipo circular e está rodeado polo oeste-suroeste dun antecastro que, debido ás alteracións sufridas no terreno, é difícil de precisar se era pechado.

O castro áchase no montes de Montserrat, tamén coñecido como “Monte das Penas do Cesto”, á beira da ermida que leva o nome da Santa, e na que anulamente se celebra, o primeiro domingo despois do 8 de setembro, unha das máis célebres e concorridas festas da comarca do Deza.

O castro foi explorado e estudiado por Florentino López Cuevillas, un dos membros da Xeración Nós considerado o pai da arqueoloxía galega, quen definira estas estruturas como “recintos fortificados, de forma oval ou circular”.

Circundado por terras de cultivo e por unha frondosa carballeira, o castro é tamén unha fervenza de lendas populares que falan de mouros, pedras preciosas, profecías...

Os maiores din que no castro de Donramiro hai dúas columnas, unha de ouro e outra de prata, e que no caso de xuntarse, corren o risco de estourar. Outros falan dunha trabe de alcatrán e, é por iso que os veciños foron sempre com moito tino á hora de levar os carros por aquel lugar, ante o medo de que as rodas afondaran na terra e provocasen o temido estourido.