San Mauro

O outro santo de obrigada mención para as xentes de Donramiro é o abade San Mauro, ainda que a maioría dos veciños siguen a coñecelo como San Amaro.

A festividade de San Mauro, protector de enfermidades como a reuma, celébrase o 15 de xaneiro. As xentes de Donramiro soben ata a capela da Nosa Señora de Montserrat, que garda a imaxe do Santo dende o ano 1910, ano no que fora traído por varios veciños da parroquia: Grande do Regueiriño, Valerio de Brais, Adriano Varela, José González de Trascastro e José Fernández da Penela.

Seica o santo intercedera ante as disputas que anos atrás dividían ós de Donramiro coa parroquia de Barcia, que tamén venera este santo. Actualmente é nestas datas de inverno cando os habitantes de Donramiro se xuntan á caron do lume, e baixo os carballos centenarios que adornan o monte, para revivir as ilusións da mocidade.