Fillos ilustres

Son moitos os fillos ilustres nacidos na parroquia de Donramiro, e moitos máis no concello de Lalín. A nosa parroquia foi especialmente fecunda entre os séculos XVI e XIX, estas terras do Deza viron nacer a importantes escribáns e notarios que deron sona a toda a comarca. Pedro Castillo, Juan Gil, Francisco da Senra, Pedro Fernández Gil Noguerol, Antonio González, Rodrigo Fernández Gil, Indalecio Taboada, José María Crespo, Domingo Enrique Aller Rodríguez foron alguns dos máis destacados; persoas de confianza de reis e condes, figuras sobresaíntes no eido da xurisprudencia, pero tamén da política local que foron contribuíndo, década tras década, ó crecemento económico, político e social da zona.

Máis cercanos no tempo ós nosos días temos as figuras de Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), sacerdote, matemático e astrónomo, e José Otero Abeledo, o pintor máis coñecido polo seu seudónimo Laxeiro, que naceu no 1908 e faleceu no 1996.